A única intención deste blog é ir facendo recomendacións de contos para o alumnado de Educación Infantil. Tamén mostraremos exemplos dalgunhas actividades levadas a cabo dende a nosa pequena pero activa biblioteca.
lunes, 27 de noviembre de 2017
miércoles, 22 de noviembre de 2017
12 MESTRES - 12 CONTOS
Neste curso escolar desde a Biblioteca imos iniciar unha nova campaña de recomendacións lectoras cunha serie de pequenos vídeos de cada profe acosellando un conto, para que dende as vosas casas poidades completar a biblioteca familiar con títulos de calidade seleccionados para os vosos nenos/as.
A campaña ten por título "12 mestres-12 contos", recordando unha moi coñecida.
Será unha iniciativa moi interesante para os vosos fillos/as. Non perdades a ocasión...
En breve publicaremos o primeiro vídeo coa primeira recomendación, e así continuaremos ao longo do curso.
Ah, e a ver se recoñecedes onde se atopan as profes!!
Ah, e a ver se recoñecedes onde se atopan as profes!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)